mércores, 26 de novembro de 2025

25 N - O MURO DO BO TRATO

 

 

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de xénero”, o noso centro educativo levou a cabo unha actividade colaborativa: “O Muro do Bo Trato”.

Ao longo da xornada, todo o alumnado, do colexio uniuse para construír un muro moi especial, formado non por ladrillos de pedra, senón por palabras de respecto, empatía e convivencia pacífica. Cada neno e nena  escolleu unha palabra  que representase un valor relacionado co bo trato e a non violencia: respecto, igualdade, apoio, amizade, coidado, escoita, liberdade, comprensión…

Lembrar que cada palabra conta cando se trata de construír un mundo máis xusto e máis humano.

Estes ladrillos simbólicos fóronse colocando un a un, ata formar un muro cheo de cor e significado, que reflicte o compromiso do centro coa creación dun espazo seguro, igualitario e libre de calquera tipo de violencia. O resultado final é unha mostra visible do esforzo común por educar na paz e na convivencia, lembrando que o bo trato constrúese entre todas e todos, día a día.

 

martes, 14 de outubro de 2025

DIA INTERNACIONAL DA VISIÓN

                        13 de outubro, DÍA INTERNACIONAL DA VISIÓN

      durante esta semana levanse a cabo nas clases de Psicomotricidade e Educación Física diversos xogos adaptados para nenos con discapacidade visual como forma de concienciar ao alumnado da dificultade que entraña esta problemática. Así mesmo en Ed.Infantil exponse un conto sobre a temática e o alumnado coñece o BRAILLE.





 

venres, 10 de outubro de 2025

SAÍDA EXPO-PICASSO

 


O ALUMNADO DE 1º visitou a exposición «Picasso protagonista» que  propón unha reflexión coa que profundar no mito de Picasso e entender como se integra no imaxinario colectivo da cultura española do noso tempo. Con tal propósito, está representado o traballo de 40 recoñecidas autorías galegas e españolas, en cuxas viñetas e creacións de moi diversos soportes percíbese a pegada do gran Picasso. Convivindo coas clásicas historietas en papel, móstranse cómics en lenzo, obras en gran formato, cómics despregados no espazo, instalacións específicas ou xogos de mesa experimental

 

luns, 29 de setembro de 2025

luns, 22 de setembro de 2025

PATIOS ACTIVOS E INCLUSIVOS

 Comezamos un proxecto elaborado polo EDLG e o departamento de Ed.Física para fomentar hábitos saudables e facer os patios máis activos, inclusivos e con actividades variadas.

 

Celebración LETRAS GALEGAS

Exposición Instrumentos populares