venres, 26 de marzo de 2021

CREACIÓN DE PORTADAS PARA A AXENDA ESCOLAR DO CURSO 21-22

Dende o equipo de dinamización e a dirección do centro queremos facer partícipe ao alumnado da creación das portadas da axenda escolar que todos os cursos o centro agasalla a principio de curso, polo que propuxemos que nos mandaran creacións propias en formato papel ou dixital baseadas no tema " A escola libre de COVID" , no vídeo seguinte poderedes ver as magníficas creacións do alumnado dende 4º de infantil ata 6º de primaria

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR E COLABORAR


luns, 8 de marzo de 2021

8 MARZO DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Celebramos o 8 de marzo homenaxeando e dando a coñecer o traballo e logros de distintas deportistas galegas e españolas, foi todo un descubrimento para moit@s ver os logros das deportistas femininas.





mércores, 24 de febreiro de 2021

HOMENAXEAMOS A ROSALÍA NO SEU DÍA

 Como cada 24 de febreiro homenaxeamos a nos benquerida ROSALíA DE CASTRO levando a cabo diversas actividades , unidades didácticas, caretas, marcapáxinas para rematar coa lectura de varios poemas acompañadas con varias pezas musicais.







luns, 15 de febreiro de 2021

XA CHEGOU O ENTROIDO

 Este ano 2021 segue marcado pola pandemia COVID-19, ademáis de loitar contra ela no noso colexio aptámonos ás circunstancias e conmemoramos dita data realizando diversas actividades seguindo os protocolos e medidas de seguridade vixentes.

Seguimos os mandatos do meco na semana do 8 ao 12 de febreiro


Elaboramos diferentes murais


Realizamos diversas Unidades Didácticas sobre o entroido, sobre todo seguimos a UD DOS BOLECHAS adicada ao entroido Ourensán, que recibimos como agasallo da deputación provincial de Ourense.

sábado, 30 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O día da PAZ non pasou desapercibido no noso centro, para conmemoralo realizamos as seguintes actividades : 

- Charla colombicultura ( Conxunto de técnicas e coñecementos relativos a la cría de pombas , por grupos burbulla.) a continuación Exhibición de colombicultura e solta de pombas no patio do centro e lectura de manifesto e mensaxes de paz, mantendo distancias e respectando protocolos e restricións vixentes.






mércores, 23 de decembro de 2020

 

ACTIVIDADES PROXECTO NADAL


Dende o EDLG PROPUXEMOS un proxecto con varias actividades como elaboración de postais virtuais, elaboración de postais físicas, visualización de decoración e actividades navideñas e realización de bailes por aulas como alternativa ao festival de Nadal, que pola situación actual non se puido levar a cabo.
Premendo nos enlaces poderes ver o resultado do proxecto. Grazas a toda a comunidade educativa pola colaboración.

 ACTIVIDADES PROXECTO NADAL

   BAILES                    POSTAIS

PROXECTO VIVE O NADAL 

Celebración LETRAS GALEGAS

Exposición Instrumentos populares