venres, 29 de novembro de 2019

CONTACONTOS INFANTIL IGUALDADE


Tivemos a sorte de contar cunha axente especializada no tema de igualdade, que a través dun conto e representación teatral foi capaz de achegarnos e sensibilizar ao alumnado 


xoves, 28 de novembro de 2019

ENCONTROS CO AUTOR

En colaboración co concello de Ourense entrégase como agasallo en 5º e 6º de Ed.Primaria o libro Kusuma de HECTOR CAJARAVILLE, para a súa lectura e traballo na aula, a posteriori realizarase unha saída paracoñecer ao autor, que realizará unha charla coloquio co alumnado.

martes, 26 de novembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 O día 25 de novembro elaboraronse traballos e lévanse a cabo actividades de sensibilización sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller , rematando  coa lectura dun manifesto ao redor dunha pancarta coa temática do propio día.



luns, 18 de novembro de 2019

VIVA O NOSO MAGOSTO!


 Durante a primeira e sgunda semna de novembro completamos o traballo de aula rememorando a festa do MAGOSTO E O PATRÓN DA NOSA CIDADE "SAN MARTIÑO" REALIZANDO DIVERSAS ACTIVIDADES , UNIDADES E CELEBRACIÓN DESTA MANIFESTACIÓN TRADICIONAL DE OURENSE.




Traballos elaborados a través de diversas unidades didácticas sobre a castaña e o castiñeiro por niveis. Carteis alusivos e fichas por niveis.
















O DÍA 15 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS A FESTA POPULAR DO MAGOSTO ONDE NON FALTARON CASTAÑAS, CHOURIZOS E XOGOS POPULARES





venres, 8 de novembro de 2019

DECORACIÓN PRODUCTOS TIPICOS DE OUTONO

ESTE É O FANTÁSTICO TRABALLO DECORATIVO CON PRODUTOS DE OUTONO, QUE ELABOROU O  NOSO ALUMNADO AXUDADO POLAS SUAS FAMILIAS


Día de Rosalía 23 febreiro 2024