luns, 15 de novembro de 2021

A FESTA DO MAGOSTO

 O día 12 de novembro celebramos a festa do magosto no centro degustando castañas e chourizos, ademáis tivemos unha visita especial que nos alegrou o día , AS CASTAÑEIRAS que nos repartiron estes ricos manxares.



venres, 15 de outubro de 2021

DÍA DA VISIÓN 2021

 


DÍA MUNDIAL DA VISIÓN 2021. «VISIÓN PARA TODOS».
 
 Cada ano, o segundo xoves do mes de outubro celébrase o Día Mundial da Visión. Este ano o 14 de outubro de 2021 é a data sinalada a nivel mundial para o coidado dos teus ollos, desde a nosa Asociación Acción Visión España sumámonos a este día. 
A Axencia Internacional para a Prevención da Cegueira ( IAPB) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) poñen o foco de atención sobre o problema da discapacidade visual. 
 
 O obxectivo que persegue este día, é concienciar ás persoas sobre os diferentes tipos de afeccións visuais, os seus tratamentos e como case todos son prevenibles ou curables, evitando así que o paciente perda totalmente a capacidade de ver. 
 
Segundo datos da mesma OMS, no mundo hai aproximadamente 180 millóns de persoas con algún tipo de discapacidade visual, de todas elas un total entre 40 e 45 millóns son totalmente cegas. Cada ano planifícanse e executan diversas actividades en conmemoración a este Día da Visión e este ano propuxemonos aportar o noso gran de area concienciando ao noso alumnado.
 

luns, 17 de maio de 2021

CONMEMORAMOS AS LETRAS GALEGAS

Homenaxeamos a figura de XELA ARIAS ao longo da semana realizando Unidades Didácticas dende Infantil ata 6º de primaria, creamos murais e posters conmemorativos, gravamos un podcast e finalemente levouse a cabo un concerto e lectura da biografía e poemas de Xela.






Momentos do concerto:








A continuación podedes escoitar o Podcast sobre a vida de Xela Arias narrado polo alumnado do centro


venres, 7 de maio de 2021

SEMANA ESCOLAR DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 En  colaboración coa Xunta de Galicia e como este ano é Xacobeo celebramos a semana escolar do Camiño de Santiago lendo un libro-conto agasallo da consellería e facendo posters, collages, murais e aprendendo cousas novas  sobre o camiño PRIMITIVO , AQUÍ TENDES O RESULTADO:








venres, 23 de abril de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO 2021

 Celebramos o día do libro realizando talleres de lectura e distintos murais conmemorativos coa temática UN LIBRO É .....















ENCONTRO COA AUTORA: MARÍA CANOSA


 O martes día 20 de abril, tivemos a honra de recibir no noso centro a visita da autora galega  MARÍA CANOSA  , autora de libros como MURIEL ( PREMIO MERLIN 2017) e A CAZADORA DE ESTRELAS entre outras, obras coas que disfrutou e apasionou ao noso alumnado. 

Foi un encontro fantático e so temos palabras de agradecemento e loubanza para ela. Aquí vos deixamos a súa visita en imaxes .

MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA









venres, 26 de marzo de 2021

CREACIÓN DE PORTADAS PARA A AXENDA ESCOLAR DO CURSO 21-22

Dende o equipo de dinamización e a dirección do centro queremos facer partícipe ao alumnado da creación das portadas da axenda escolar que todos os cursos o centro agasalla a principio de curso, polo que propuxemos que nos mandaran creacións propias en formato papel ou dixital baseadas no tema " A escola libre de COVID" , no vídeo seguinte poderedes ver as magníficas creacións do alumnado dende 4º de infantil ata 6º de primaria

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR E COLABORAR


luns, 8 de marzo de 2021

8 MARZO DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Celebramos o 8 de marzo homenaxeando e dando a coñecer o traballo e logros de distintas deportistas galegas e españolas, foi todo un descubrimento para moit@s ver os logros das deportistas femininas.





mércores, 24 de febreiro de 2021

HOMENAXEAMOS A ROSALÍA NO SEU DÍA

 Como cada 24 de febreiro homenaxeamos a nos benquerida ROSALíA DE CASTRO levando a cabo diversas actividades , unidades didácticas, caretas, marcapáxinas para rematar coa lectura de varios poemas acompañadas con varias pezas musicais.







luns, 15 de febreiro de 2021

XA CHEGOU O ENTROIDO

 Este ano 2021 segue marcado pola pandemia COVID-19, ademáis de loitar contra ela no noso colexio aptámonos ás circunstancias e conmemoramos dita data realizando diversas actividades seguindo os protocolos e medidas de seguridade vixentes.

Seguimos os mandatos do meco na semana do 8 ao 12 de febreiro


Elaboramos diferentes murais


Realizamos diversas Unidades Didácticas sobre o entroido, sobre todo seguimos a UD DOS BOLECHAS adicada ao entroido Ourensán, que recibimos como agasallo da deputación provincial de Ourense.

sábado, 30 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O día da PAZ non pasou desapercibido no noso centro, para conmemoralo realizamos as seguintes actividades : 

- Charla colombicultura ( Conxunto de técnicas e coñecementos relativos a la cría de pombas , por grupos burbulla.) a continuación Exhibición de colombicultura e solta de pombas no patio do centro e lectura de manifesto e mensaxes de paz, mantendo distancias e respectando protocolos e restricións vixentes.






SEMANA DO LIBRO