venres, 15 de outubro de 2021

DÍA DA VISIÓN 2021

 


DÍA MUNDIAL DA VISIÓN 2021. «VISIÓN PARA TODOS».
 
 Cada ano, o segundo xoves do mes de outubro celébrase o Día Mundial da Visión. Este ano o 14 de outubro de 2021 é a data sinalada a nivel mundial para o coidado dos teus ollos, desde a nosa Asociación Acción Visión España sumámonos a este día. 
A Axencia Internacional para a Prevención da Cegueira ( IAPB) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) poñen o foco de atención sobre o problema da discapacidade visual. 
 
 O obxectivo que persegue este día, é concienciar ás persoas sobre os diferentes tipos de afeccións visuais, os seus tratamentos e como case todos son prevenibles ou curables, evitando así que o paciente perda totalmente a capacidade de ver. 
 
Segundo datos da mesma OMS, no mundo hai aproximadamente 180 millóns de persoas con algún tipo de discapacidade visual, de todas elas un total entre 40 e 45 millóns son totalmente cegas. Cada ano planifícanse e executan diversas actividades en conmemoración a este Día da Visión e este ano propuxemonos aportar o noso gran de area concienciando ao noso alumnado.
 

14 de xuño día nacional da linguaxe de signos.

 O C.E.I.P. Plurilingüe Inmaculada mostra o seu apoio ó día nacional da linguaxe de signos con alumnado e profesorado enviando unha mensaxe:...