luns, 31 de xaneiro de 2022

Día da Paz 2022

 

O venres 28 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ no centro seguindo as medidas e protocolos establecidos pola administración educativa.


A celebración consistiu en dúas actividades:
-    Lectura dun manifesto e canto dunha canción durante a xornada escolar

.
-    Decoración dos andares do centro cunha manualidade.


Para esta última actividade solicitamos a implicación voluntaria das familias para realizar a manualidade, que consistiu en facer grullas de papiroflexia (origami) seguindo a lenda de orixe nipón “As mil grullas” .

O resultado podedes observalo a continuación


 





Taller de hixiene dental e educación para a saúde

 Recibimos ao alumnado de FP que nos impartiron un taller de educación para a saúde centrado na hixiene dental, o alumnado aprendeu moitas c...