martes, 14 de outubro de 2025

DIA INTERNACIONAL DA VISIÓN

                        13 de outubro, DÍA INTERNACIONAL DA VISIÓN

      durante esta semana levanse a cabo nas clases de Psicomotricidade e Educación Física diversos xogos adaptados para nenos con discapacidade visual como forma de concienciar ao alumnado da dificultade que entraña esta problemática. Así mesmo en Ed.Infantil exponse un conto sobre a temática e o alumnado coñece o BRAILLE.





 

venres, 10 de outubro de 2025

SAÍDA EXPO-PICASSO

 


O ALUMNADO DE 1º visitou a exposición «Picasso protagonista» que  propón unha reflexión coa que profundar no mito de Picasso e entender como se integra no imaxinario colectivo da cultura española do noso tempo. Con tal propósito, está representado o traballo de 40 recoñecidas autorías galegas e españolas, en cuxas viñetas e creacións de moi diversos soportes percíbese a pegada do gran Picasso. Convivindo coas clásicas historietas en papel, móstranse cómics en lenzo, obras en gran formato, cómics despregados no espazo, instalacións específicas ou xogos de mesa experimental

 

Celebración LETRAS GALEGAS

Exposición Instrumentos populares