Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de xénero”, o noso centro educativo levou a cabo unha actividade colaborativa: “O Muro do Bo Trato”.
Ao longo da xornada, todo o alumnado, do colexio uniuse para construír un muro moi especial, formado non por ladrillos de pedra, senón por palabras de respecto, empatía e convivencia pacífica. Cada neno e nena escolleu unha palabra que representase un valor relacionado co bo trato e a non violencia: respecto, igualdade, apoio, amizade, coidado, escoita, liberdade, comprensión…
Lembrar que cada palabra conta cando se trata de construír un mundo máis xusto e máis humano.
Estes ladrillos simbólicos fóronse colocando un a un, ata formar un muro cheo de cor e significado, que reflicte o compromiso do centro coa creación dun espazo seguro, igualitario e libre de calquera tipo de violencia. O resultado final é unha mostra visible do esforzo común por educar na paz e na convivencia, lembrando que o bo trato constrúese entre todas e todos, día a día.








.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
%20-%20copia.jpeg)
%20-%20copia.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)

