luns, 9 de marzo de 2026

8 MARZO , DÍA DA MULLER


 Realizamos diversos traballos para conmemorar este día e visualizalo entre os máis cativos



martes, 24 de febreiro de 2026

Día de Rosalía

 Celebramos o día de Rosalia elaborando colgante e bolsas coordinados e traballando en Polos Creativos

 







 

 

 

mércores, 11 de febreiro de 2026

DIA DA NENA E MULLER NA CIENCIA

 Realizamos un taller co profesorado para elaborar colgantes conmemorativos en madeira coordinados cos polos creativos e utilizando a cortadora láser

Este foi o resultado, e o alumnado recibiu o seu agasallo conmemorativo

luns, 9 de febreiro de 2026

RECURSOS ROSALÍA DE CASTRO

 

RECURSOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO





VIDEO: BIOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (EN GALEGO)

                       ACTIVIDADES INTERACTIVAS





PRESENTACIÓN INTERACTIVA SOBRE A VIDA E OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO REALIZADA CON GENIALLY




 
Musicando a Rosalía (poemas musicados)


Genially para EDUCACIÓN INFANTIL


Genially para EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA



O ROSCO DE ROSALÍA

VIDEOS
  • Canción con Pictogramas: "Adiós ríos, adiós fontes"

 





UNIDADES DIDÁCTICAS
 
  • Unidade didáctica dirixida ao alumnado de Ed. Primaria (elaborada polo profesorado de doce centros escolares coruñeses)

O  Seminario Galán pon á disposición da comunidade educativa as súas unidades didácticas de infantil e primaria. Un excelente material para celebrar o Día de Rosalía e dar a coñecer dun xeito lúdico a figura e o legado da nosa ilustre poetisa.

sábado, 31 de xaneiro de 2026

mércores, 26 de novembro de 2025

25 N - O MURO DO BO TRATO

 

 

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de xénero”, o noso centro educativo levou a cabo unha actividade colaborativa: “O Muro do Bo Trato”.

Ao longo da xornada, todo o alumnado, do colexio uniuse para construír un muro moi especial, formado non por ladrillos de pedra, senón por palabras de respecto, empatía e convivencia pacífica. Cada neno e nena  escolleu unha palabra  que representase un valor relacionado co bo trato e a non violencia: respecto, igualdade, apoio, amizade, coidado, escoita, liberdade, comprensión…

Lembrar que cada palabra conta cando se trata de construír un mundo máis xusto e máis humano.

Estes ladrillos simbólicos fóronse colocando un a un, ata formar un muro cheo de cor e significado, que reflicte o compromiso do centro coa creación dun espazo seguro, igualitario e libre de calquera tipo de violencia. O resultado final é unha mostra visible do esforzo común por educar na paz e na convivencia, lembrando que o bo trato constrúese entre todas e todos, día a día.

 

martes, 14 de outubro de 2025

DIA INTERNACIONAL DA VISIÓN

                        13 de outubro, DÍA INTERNACIONAL DA VISIÓN

      durante esta semana levanse a cabo nas clases de Psicomotricidade e Educación Física diversos xogos adaptados para nenos con discapacidade visual como forma de concienciar ao alumnado da dificultade que entraña esta problemática. Así mesmo en Ed.Infantil exponse un conto sobre a temática e o alumnado coñece o BRAILLE.





 

venres, 10 de outubro de 2025

SAÍDA EXPO-PICASSO

 


O ALUMNADO DE 1º visitou a exposición «Picasso protagonista» que  propón unha reflexión coa que profundar no mito de Picasso e entender como se integra no imaxinario colectivo da cultura española do noso tempo. Con tal propósito, está representado o traballo de 40 recoñecidas autorías galegas e españolas, en cuxas viñetas e creacións de moi diversos soportes percíbese a pegada do gran Picasso. Convivindo coas clásicas historietas en papel, móstranse cómics en lenzo, obras en gran formato, cómics despregados no espazo, instalacións específicas ou xogos de mesa experimental

 

luns, 29 de setembro de 2025

Celebración LETRAS GALEGAS

Exposición Instrumentos populares