Celebración do “Día de Rosalía”
Como cada 24 de febreiro homenaxeamos á figura da nosa benquerida Rosalía de Castro, este ano por coincidir co entroido e ser festivo adicamos o xoves 27 e o venres 28 a realizar distintas actividades e eventos para esta conmemoración:
- Levouse
a cabo, por cursos, un repaso da figura literaria da autora e dalgunhas
lecturas, poesías, cancións…elaboración de murais.
- realizouse un ludoteca coa temática de Rosalia
(elaboración de chapas e marcapáxinas) tanto en ED.INFANTIL como en ED.PRIMARIA.
- Fixemos unha Lectura de poemas da escritora acompañado por pezas
musicais interpretadas por alumnado do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario