O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
A data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián
das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
Desde o equipo de dinamización e biblioteca propomos que se visibilice a obra das
escritoras galegas lendo fragmentos (tedes o enlace máis abaixo) ou a través de
actividades individuais do alumnado de investigación, exploración ou creación...
"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos
invisibles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os
recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."
Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)
RECOMPILACIÓN DE FRAGMENTOS DE ESCRITORAS GALEGAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario