domingo, 1 de marzo de 2020

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO







                                           Celebración do “Día de Rosalía”

Como cada 24 de febreiro homenaxeamos á figura da nosa benquerida Rosalía de Castro, este ano por coincidir co entroido e ser festivo adicamos o xoves 27 e o venres 28 a realizar distintas actividades e eventos para esta conmemoración: 

-  Levouse a cabo, por cursos, un repaso da figura literaria da autora e dalgunhas lecturas, poesías, cancións…elaboración de murais.

- realizouse un ludoteca coa temática de Rosalia (elaboración de chapas e marcapáxinas) tanto en ED.INFANTIL como en ED.PRIMARIA.

- Fixemos unha Lectura de poemas da escritora acompañado por pezas musicais interpretadas por alumnado do centro.















mércores, 26 de febreiro de 2020

ENCONTROS CO AUTOR-SAÍDA A COÑECER O AUTOR

ENCONTROS CO AUTOR

En colaboración co concello de Ourense de Ed.Primaria facemos unha saída para coñecer ao autor HECTOR CAJARAVILLE, que realizará unha charla coloquio co alumnado sobre  o seu traballo e en especial o libro Kusuma, traballado e lido polo alumnado de 5º e 6º de Primaria. 


DIAS DE ENTROIDO

A semana do 17 ao  21 de febreiro celebramos o entroido no noso centro cos mandatos do meco e unha festa de disfraces


























venres, 31 de xaneiro de 2020

DIA DA PAZ


  SEMANA E DÍA DA PAZ


Dende o 27 e ata o 30 de xaneiro



-Decoración do centro con motivos alusivos e creación dun BANCO DA PAZ E AMIZADE.










-Elaboración de murais conmemorativos por niveis






-Durante a semana anterior escoitase nas aulas e no patio as entradas e saídas a canción “ dereitos dos nenos-Unicef”. Esta canción cantÁmola toda a comunidade educativa o xoves 30, no patio do colexio, así como lectura de manifestos por cursos.





- Búscase información en Internet, escóllese un personaxe ó que lle deron o premio da Paz, elabórase un traballo coa caricatura e frases célebres de dito personaxe

venres, 17 de xaneiro de 2020

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA

En colaboración co Concello e a Biblioteca Pública , realizase unha visita guiada para explicar o funcionamento da biblioteca Pública e as actividades de fomento da lectura que dende alí se organizan, horario de atención ao público ...




martes, 14 de xaneiro de 2020

TALLER DE PRIMEROS AUXILIOS:PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS


TALLER DE PRIMEROS AUXILIOS:PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS


En colaboración co SERGAS impártese , para 3º e 4º de primaria este taller de primeiros auxilios , onde profesionais do ámbito sanitario acoden ao centro para ensinarlle ao alumnado primeiros auxilios.



venres, 13 de decembro de 2019

Celebración LETRAS GALEGAS

Exposición Instrumentos populares